Como podo obter os datos de Usuario e Contrasinal?
  • Se es ou fuches alumno da Universidade da Coruña, podes empregar as túas credenciais de servizos ou a conta de correo antiga, sempre sen @udc.es. Se non as lembras poden darche este datos na administración do teu centro. No enderezo http://www.udc.es/cau podes consultar as túas dúbidas sobre estas credenciais
  • Se non fuches alumno da universidade podes crear unha conta nova para este proceso de preinscrición, no apartado “Rexistro novos Alumnos” indicando os seguintes datos:
    • Documento de Identificación. Introduza o seu DNI, pasaporte, NIE,.... No caso de especificar pasaporte ou tarxeta de residencia só serán válidos os números do 0 ao 9 e as letras da a á z (en minúsculas).

      -Ex. DNI válido: 99888777S

      -Ex. pasaporte válido: x9999999f

    • Nome e Apelidos
    • Sexo
    • Nacionalidade
    • Contrasinal
    Finalizada a introdución destes datos, a persoa interesada xa poderá identificarse co usuario que se lle proporcione e o contrasinal que especificou.
    Se xa creaches a nova conta para a preinscripción e non a lembras, na administración de calquera centro da universidade poden darche estes datos.
Lembre que os datos de usuario e contrasinal son persoais e confidenciais, polo tanto, como medida de seguridade non deben ser comunicados a terceiras persoas
Introduzo o meu usuario e contrasinal pero non entro
O usuario e contrasinal ten que ser o proporcionado por Servizos UDC. Comprobe que introduce os caracteres do contrasinal axeitadamente:
  • Distínguese entre maiúsculas e minúsculas. 
  • Non confunda os -ceros- coa vogal -o- maiúscula e viceversa. (0 con O)
  • Non confunda os -uns- coa letra -ele- minúscula ou a vogal -i- maiúscula. (1 con l ou I)

Volver